Plantas:



  • Arándanos:
Planta de 2 anos procedente de cultivo en ecolóxico, en envase ou a raiz núa.
O arándano americano, Vaccinium corymbosum L. pertence á familia Ericaceae. Son arbustos erectos con alturas variables segundo a especie (0,3 a 5 m.), moi resistentes e de grande lonxevidade. Son plantas moi productivas con froitos que poden acadar 20 mm. de diámetro.
As variedades dispoñibles son as seguintes: 

V.c. var. Patriot: cultivar de porte estendido, con ramas moi flexibles que se doblan hacia o solo na colleita, producen racimos moi longos. Floración temperá. 
V.c. var.  Toro: medianamente vigoroso, con racimos grandes e de maduración concentrada. Froitos de color azul claro. 
V.c. var. Brigitta: vigoroso, de crecemento estendido e con follas moi grandes. Froitos grandes, un pouco aplanados e cubertos con moita pruina. 
V.c. var. Elliot: De vigor medio, crecemento vertical, ramas algo débiles, e de floración tardía. Froito de color azul claro e firme.







Prezo 4,20 €. 
         




  • Frambuesas:

Planta de 2 anos con certificado ecolñoxico, en envase ou a raiz núa.
Dispoñemos de variedades remontantes e non remontantes. As primeiras caracterízanse por fructificar 2 veces ó ano, co cal se alonga o período de recollida dende maio a outubro en zonas templadas.No segundo caso, as plantas dan solo nas cañas dun ano, polo que a producción é máis intensa durante os meses de xullo a outubro.



Rubus idaeus Var. Autumn Bliss: é unha variedade remontante. A planta es moi vigorosa e produtiva. O froito é grande, sendo a fructificación temperá.

Rubus idaeus Var. Polka: é unha variedade remontante. Variedade compacta e vigorosa con espiñas pouco marcadas. Froito grande vermello.

Rubus idaeus Var. Glen Lyon: é unha variedad non remontante. A planta é moi vigorosa e non presenta espiñas. O froito é grande.




Prezo: 3,60 € 










  • Moras:

   Planta de 2 anos procedente de cultivo en ecolóxico, en envase ou a raiz núa.
     Son variedades moi productivas, que se diferencian da silva común no tamaño da planta, máis grande, así como pola ausencia de espiñas. Por outro lado os froitos poden acadar tamaños de 30 mm. de diámetro. 

     


 

Dispoñemos das seguintes variedades que se diferencian principalmente pola época de floración. 
     Rubus fruticosus var. Navaho.  
     Rubus fruticosus var. Arapahoe.  
     Rubus fruticosus var. Apache






 
Prezo: 4,20 € 





      





  • Grosellas:

     Planta de 2 anos procedente de cultivo en ecolóxico, en envase ou raiz núa.
     Dispoñemos das seguintes variedades:

Ribes rubrum var. Junifer: a grosella Junifer é unha variedade precoz que produce froitos dende principios de xullo. É unha variedade moi vigorosa e moi productiva con froitos de cor vermello brillante. Planta bastante rústica, de exposición sol ou semisombra.
 
Ribes rubrum var. Villaviciosa: variedade obtida en Asturias, caracterizada pola súa adaptación a climas templados e húmidos. Froito en acios de cor vermello de floración media a tardía. 

Ribes nigrum var. Ben more: floración tardía.Fructifica de mediados a final de temporada. Froito grande, de cor negro, planta de porte erguido. 

Ribes nigrum var. Andega: variedade francesa caracterizada pola súa resistencia a enfermidades, sobre todo a oidio. Froito negro en acios e moi productiva. 


 
Prezo: 4,20 €