Fragaira Froitos Silvestres

  Fragaira é unha pequena explotación creada no ano 2009 e ubicada no concello de Negreira, A Coruña. Adícase principalmente á producción ecolóxica de froitos silvestres. 
 
   Este proxecto xurdiu co obxectivo de crear un aproveitamento respectuoso de varias parcelas forestais e agrícolas abandoadas. Estas foron traballadas durante moitos anos de xeito tradicional, por unha explotación agraria familiar adicada á producción de leite de vacún. Trás o cese da actividade, as fincas agrícolas pasaron a un estado de abandono, e os terreos forestais sufriron reiterados incendios. Observando que estas terras podían voltar á vida útil, comenzamos os traballos para a súa recuperación. 

 
   Así, fixemos as seguintes actuacións: Plantación de castiñeiros, froitos silvestres, nogueiras e abeleiras nas terras de monte. Nas fincas de labradío, realizouse unha plantación de fresón e  froitos silvestres para o seu manexo e propagación. Para facer pedidos ou reservar planta pódese contactar por tlf. ou correo electrónico no enlace de contacto.

 
  Os produtos que ofrecemos son os seguintes:

 
-    Froitos frescos e conxelados.
-    Plantas de froitos silvestres.
-    Asesoramento e realización de proxectos para novas plantacións.

   Todos os nosos productos contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica  de Galicia (CRAEGA)