Groselleiros

  Grosella:

     Planta de 2 anos procedente de cultivo en ecolóxico, en envase ou raiz núa.
     Dispoñemos das seguintes variedades:

Ribes rubrum var. Junifer: a grosella Junifer é unha variedade precoz que produce froitos dende principios de xullo. É unha variedade moi vigorosa e moi productiva con froitos de cor vermello brillante. Planta bastante rústica, de exposición sol ou semisombra.
 
Ribes rubrum var. Villaviciosa: variedade obtida en Asturias, caracterizada pola súa adaptación a climas templados e húmidos. Froito en acios de cor vermello de floración media a tardía. 

Ribes nigrum var. Ben more: floración tardía.Fructifica de mediados a final de temporada. Froito grande, de cor negro, planta de porte erguido. 

Ribes nigrum var. Andega: variedade francesa caracterizada pola súa resistencia a enfermidades, sobre todo a oidio. Froito negro en acios e moi productiva. 


 
Prezo: 4,20 €

Comprar